Xouba de Rianxo

A Marca Colectiva «XOUBA DE RIANXO PESCA ARTESANAL ARTE DO XEITO» ampara a xouba (Sardina pilchardus) capturada por embarcacións co arte do xeito no permiso de explotación (PERMEX) dentro do ámbito da Ría de Arousa, comercializados mediante a lonxa xestionada pola Confraría de Rianxo e que cumpran os requisitos esixidos neste regulamento e no resto da lexislación vixente en cada momento. 


Cómo identificar o peixe amparado pola marca

Todo o peixe etiquetado coa marca colectiva «XOUBA DE RIANXO PESCA ARTESANAL ARTE DO XEITO» ten que levar o logotipo identificativo da marca e un código QR (fresco) ou un código identificativo de trazabilidade (conserva), que garanten a procedencia e a autenticidade do produto.

A xouba comercializada en fresco leva distintivo na caixa, cun código QR de trazabilidade, que pode ser lido cun teléfono móbil. Tamén leva un número único de trazabilidade, que pode ser introducido na sección de trazabilidade para a súa consulta.